Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia marca "máximos históricos" en doazón e transplante de órganos no 2024

Galicia marca "máximos históricos" en doazón e transplante de órganos no 2024

Alfonso Rueda presenta o balance e destaca que as intervencións aumentaron un 28 %

España, líder mundial en transplantes durante 33 anos consecutivos

G24.gal 16/01/2025 14:38

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou este xoves o balance de doazóns e transplantes de órganos en Galicia do 2024. Segundo recolle ese informe, o ano pasado volveron baterse marcas con 424 intervencións, un 28 % máis que no 2023; e 137 novos doadores de órganos, a cifra máis alta desde 1981, ano en que arrancou o programa galego de transplantes.

A explicación para que Galicia siga batendo marcas en doazóns é a cada vez mellor coordinación dos equipos de transplantes e a cada vez maior concienciación social. Oito de cada dez familias din si a que outra persoa reciba órganos dun ser querido.

Segundo datos da consellería de Sanidade, 45 pacientes recibiron un transplante de persoas que se acolleron á prestación da axuda para morrer en Galicia, en vigor dende o 2021. Na presentación do balance o coordinador de transplantes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, Fernando Mosteiro, explicou que "en contextos onde se permite a eutanasia aumentan as taxas de doazón pola disposición destes pacientes".

Alfonso Rueda destacou que por primeira vez nos 43 anos do programa galego de transplantes, que axudou a que case dez mil pacientes tiveran unha segunda oportunidade,  hai menos de 200 persoas agardando por un órgano.

"Fixéronse máis transplantes que nunca e a lista de espera é máis baixa que nunca e iso fala dunha sanidade pública de calidade, especialmente nos momentos nos casos máis graves, cando ten que demostrar estar á altura", dixo o presidente da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade