Publicador de contidos
Publicador de contidos

16 de xaneiro, Día Internacional da Croqueta

16 de xaneiro, Día Internacional da Croqueta

É o prato rei da cociña de aproveitamento, que se adapta a calquera ingrediente, dende os clásicos aos atrevidos

O día 16 de xaneiro a croqueta é a protagonista
G24.gal 16/01/2025 15:18

Hoxe, 16 de xaneiro, é unha data sinalada no calendario culinario, pois se celebra o Día Internacional da Croqueta, unha homenaxe a este bocado que conquistou corazóns e padais.

Aínda que a súa orixe remóntase á Francia do século XIX, as croquetas arraigáronse profundamente na cultura gastronómica española, converténdose nun referente na nosa cociña.

 "Eu creo que é importante para nós e para todo aquel que ame as croquetas. As croquetas xeran paixón en todas as idades, creo que é a mellor forma de comer todo, nunha peza", explica Adriana Suárez, administradora de Croqueta y Presumida.

 "Si me gustan, pero as de sempre, de polo, xamón... desas novas, con eses ingredientes novos cústame un pouco comelas", comentan na rúa.

Esas novas delicias gastronómicas poden ser de chipiróns, de centola, cecina, bacallau, queixo, verduras... Cada vez proliferan máis os establecementos especializados. 

"Nunha casa fanse dun só sabor, que é o que che sobra na neveira, vas e conxelas. Aquí tes 13 sabores diferentes dos que gozar", apunta Adriana.

En realidade, non hai moita ciencia en facer unha croqueta, dirían algúns, pero, aínda que se trate dunha receita sinxela, existen algúns trucos básicos para que saian riquísimas e aquí deixamos un.

"Se non adoitades ter fritidora eu recomendo un caciño ou unha pota, poñedes 3 dediños de aceite moi quente, mergullámolas dous minutos e fóra, e aí está. Mentres menos as manipules, a croqueta mellor vai quedar, porque ao manipulala abre", conta Adriana Suárez, administradora de Croqueta y Presumida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade