Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aceptan dous anos de cárcere por estafar inquilinos a través de contratos de alugueiro de piso

Aceptan dous anos de cárcere por estafar inquilinos a través de contratos de alugueiro de piso

Tamén cobrarían un sinal de 800 euros para un alugueiro turístico sen que a dona do inmoble estivese de acordo coas condicións quedando con esa cantidade

G24.gal 16/01/2025 15:07

Nunha vista de conformidade levada a cabo na mañá deste xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, os tres acusados, un home e dúas mulleres, aceptaron un ano de cárcere polo delito de apropiación indebida e outro ano de prisión polo de estafa.

Ademais, terán que pagar unha multa de 540 euros, apreciándose a atenuante de reparación do dano para un deles, xa que se aboou a responsabilidade civil aos clientes estafados. Así mesmo, acordouse que non ingresen en prisión sempre que non volvan delinquir nos próximos dous anos.

O caso procedía do Xulgado de Instrución número 4 de Vigo e, para eles, Fiscalía solicitaba ata cinco anos e medio de prisión como supostos autores dun delito de apropiación indebida e outro de estafa.

Tal como explicaba o Ministerio público no seu escrito de acusación, foi en maio de 2023 cando unha das acusadas formalizou un contrato de alugueiro dun piso situado en Nigrán (Pontevedra) como empregada dunha inmobiliaria.

Así, actuando en conivencia co seu compañeiro e a dona da empresa, cobraron 600 euros como sinal para a reserva dun inmoble á clienta. E non podería entrar ao mesmo ata setembro.

Días despois, a futura inquilina solicitoulles o diñeiro, debido a que atopara outro piso ao que si podía acceder de forma inmediata, dándolle "todo tipo de escusas para non devolverlle o diñeiro".

Tamén cobrarían un sinal de 800 euros para un alugueiro turístico sen que a dona do inmoble estivese de acordo coas condicións do alugueiro da súa vivenda, quedando con esa cantidade os acusados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade