Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un camión embiste un coche averiado na autovía A-6 no seu paso por Cambre

Un camión embiste un coche averiado na autovía A-6 no seu paso por Cambre

Un home e unha muller resultaron feridos graves e tiveron que ser traladados ao Chuac

Estado no que quedou o coche embestido Estado no que quedou o coche embestido
G24.gal 31/01/2025 15:10

Un cambión embestiu un coche que se atopaba avariado na autovía A-6 ao seu paso polo municipio coruñés de Cambre, na que se atopaban un home e unha muller que resultaron feridos graves e tiveron que ser traladados ao Chuac.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 11,00 horas deste venres á altura da parroquia de Anceis en sentido A Curuña no kilómetro 582.

O camión impactou por detrás ao coche e terminou encaixado contra o turismo, no que quedaron atrapados os seus dous ocupantes debido a que o vehículo estaba encaixado contra a cuneta.

Finalmente, foron liberados polos efectivos de emerxencias desprazados ao lugar para ser atendidos polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061, que procederon ao seu traslado a un centro sanitario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar