Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido o condutor dun camión que envorcou na autoestrada AP9 á altura de Santiago

Ferido o condutor dun camión que envorcou na autoestrada AP9 á altura de Santiago

O vehículo sufriu un rebentón e a carga quedou estrada pola vía

G24.gal 31/01/2025 17:37 Última actualización 31/01/2025 18:33

Un home resultou ferido ao envorcar o camión que conducía na AP-9 á altura do quilómetro 58, en Vilastrexe -Santiago de Compostela.

Segundo informa a DXT e o servizo de emerxencias, o incidente rexistrouse sobre as 15.00 horas, cando o vehículo sufriu o rebentón dunha roda, tras o que envorcou na estrada.

O camión perdeu a súa carga, ferralla metálica, que quedou tirada pola calzada.

Debido a este accidente producíronse importantes retencións na saída de Santiago de Compostela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade