Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gilsanz: "Lucas vai quedar na historia, pero temos que pasar páxina"

Gilsanz: "Lucas vai quedar na historia, pero temos que pasar páxina"

Sobre a renovación de Yeremay, considera que é unha moi noticia para a afección porque ven "o compromiso dos xogadores" e que hai un proxecto "no que cren os futbolistas"

G24.gal 24/01/2025 11:59 Última actualización 24/01/2025 12:04

Óscar Gilsanz afronta este sábado o primeiro día do Deportivo sen Lucas Pérez. Un xogador que "vai quedar na historia do club", pero que xa forma parte do pasado. E para o técnico betanceiro, que insiste en ir día a día, o único importante é o presente e iso pasa polo Levante. 

"Temos que adaptarnos, pasar páxina, o máis importante sempre é o club, está por riba".

E engade, lembrando o "momento espectacular" que viviron en Burgos tras a conclusión do encontro, que o importante é "o sentimento de pais a fillos que perdura".

"Os que estamos a traballar aquí, debemos fixarnos no presente, que é o Levante. O único que me preocupa é afrontar o reto. É un grandísimo reto. É o que me debe preocupar", incidiu.

Non falou máis Gilsanz de Lucas. Derivou as súas respostas ao Levante. A un partido que necesita "toda a atención" e a un Riazor onde queren "ser fortes".

Con todo, si dedicou tempo a Yeremay, quen onte deu o si ao Dépor para continuar os próximos meses e comprometeuse co cadro coruñés ante os intereses dalgúns equipos europeos.

"É unha moi boa noticia, non só para o adestrador, tamén para o deportivismo, saber do compromiso dos xogadores e que hai un proxecto no que cren os xogadores. O adestrador quere aos mellores futbolistas dispoñibles", remarcou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade