Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yeremay queda no Deportivo malia as ofertas de grandes equipos europeos

Yeremay queda no Deportivo malia as ofertas de grandes equipos europeos

O comunicado de Deportivo destaca este xesto que "reforza o compromiso mutuo co proxecto do club a longo prazo"

O Dépor mellora o contrato de Yeremay e blíndao cun aumento da súa cláusula

G24.gal 23/01/2025 18:03 Última actualización 23/01/2025 19:22

O Dépor mellora o contrato de Yeremay e blíndao cun aumento da súa cláusula. Equipo e xogador chegaron este xoves a un acordo para a mellora económica do contrato do atacante, que expira o 30 de xuño de 2030.

Tan só un día despois da despedida do capitán branquiazul Lucas Pérez, o Dépor anunciou a continuidade do extremo canario, unha das sensacións de LaLiga Hypermotion, “a pesar de todas as ofertas recibidas polo futbolista canario durante o actual mercado de fichaxes”.

“Este é un xesto que reforza o compromiso mutuo co proxecto do club a longo prazo. O RC Deportivo celebra a decisión de Yeremay de continuar escribindo a súa historia no Club, e agradécelle a súa confianza nun proxecto que segue crecendo”, sinala no seu comunicado a entidade galega.

A dirección deportiva que lidera Fernando Soriano considera a Yeremay “un piar fundamental” na construción do futuro do Dépor. No que vai de tempada, o futbolista canario disputou 19 partidos, nos que marcou oito goles e repartiu tres asistencias

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade