Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán presenta o escolta letón Arturs Kuruks

O Breogán presenta o escolta letón Arturs Kuruks

Kuruks: "Moi ben. Estou moi cómodo, sei o meu rol. Iremos coñecéndonos"

G24.gal 22/01/2025 15:37 Última actualización 22/01/2025 15:46

O Breogán presentou esta mañá o escolta Arturs Kuruks. Internacional en todas as categorías con Letonia, formou parte do combinado que finalizou en quinta posición o Mundobasket de 2023.

"Todo moi profesional. Coñecía varios rapaces, coincidimos en equipos e en competicións europeas".

"Moi ben. Estou moi cómodo, sei o meu rol. Iremos coñecéndonos".

Arturs Kuruks conta con experiencia na competición, as dúas últimas tempadas pertencendo ao persoal de UCAM Murcia. Na actual disputou 8 partidos, un deles contra o Río Breogán, no que anotou 6 puntos de dous lanzamentos triplos, e xoga na posición de escolta. Destaca pola súa capacidade defensiva e bo lanzamento exterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos