Lucas Pérez marcha do Deportivo por "situacións persoais" e a "falta de agarimo" do club
Lucas Pérez marcha do Deportivo por "situacións persoais" e a "falta de agarimo" do club
Aproveitou a súa comparecencia para recriminar á prensa o trato dado nos últimos días de negociacións
Despediuse aplaudido polos seus compañeiros, adestradores e canteiráns
Lucas Pérez deixa de ser xogador do R. C. Deportivo, tras solicitar a súa saída por motivos persoais.
O Club accedeu á petición de Lucas, quen regresou á entidade en xaneiro de 2023. Desde o seu regreso, foi unha peza clave no ascenso logrado a tempada pasada.
"O R. C. Deportivo lamenta profundamente a marcha do capitán e agradécelle sinceramente o seu compromiso e esforzo para regresar ao Club", di o conxunto coruñés nun comunicado
Lucas Pérez ofreceu unha conferencia de prensa en Riazor.
"Desde a miña chegada desinteresada, só queria axudar. Levo tempo cunha situación persoal difícil. É a mellor solución para ambas partes"
"Hubo unha situación na que non estaba cómodo. Por iso marcho tranquilamente"
Lucas chegou hai dous anos como nova bandeira do deportivismo animado por 7.000 afeccionados congregados en Riazor, e este mércores despediuse aplaudido polos seus compañeiros, adestradores e canteiráns.
Lucas Pérez dixo adeus ao Deportivo tras unha dura rolda de prensa, moi afastada da que se esperou de todo un ídolo branquiazul.
"Pasaron moitas situacións e momentos de desgaste onde non me notado o agarimo e apoio", afirmou o futbolista.
Explicou a súa saída a metade de tempada en relación a situacións persoais, co seu fillo Irvin e un conflito xudicial co seu pai, á vez que aludiu a discusións co club derivadas dos últimos tempos de travesía do deserto na terceira categoría.
Lucas Pérez tamén aproveitou a súa comparecencia para recriminar á prensa o trato dado nos últimos días de negociacións co Deportivo que desembocaron na súa abrupta saída.
"Non me gustaron as formas da prensa. Unha falta de respeto o dos cartos. Non entendedes o significado de Lucas co deportivismo. Marcho doente"