Pablo Vázquez: “Este equipo dá para moito máis”
Pablo Vázquez: “Este equipo dá para moito máis”
O equipo branco e azul comeza o 2025 disputando catro do seu primeiros cinco partidos a domicilio
Pablo Vázquez, defensa do R. C. Deportivo, sinalou este xoves que no vestiario branco e azul todos teñen a sensación de que “a capacidade” do equipo é “maior” do que fixeron durante a primeira volta do campionato.
“Por momentos e por fases o equipo xogou ben, pero temos unha gran marxe de mellora. A primeira volta quédanos curta, cremos que este equipo dá para moito máis. Dos oito primeiros ou nove non lle gañamos a ninguén, eses equipos son os máis fortes e aí é onde temos que equipararnos e competirlles”, manifestou.
O equipo branco e azul arrincará o 2025 disputando catro do seu primeiros cinco partidos a domicilio, onde na primeira volta mostrouse máis sólido que en Riazor.
“Eu prefiro que sexa ao revés, aínda que é verdade que nesta primeira volta sacamos máis puntos fóra. En Riazor temos o apoio da nosa xente e moita marxe de mellora”, apuntou o futbolista valenciano.
"O equipo en Riazor sae con máis necesidade de agrado e de conectar á xente, e iso lévanos a partidos máis frenéticos e sen control. Na casa necesitamos atopar certa calma ou tranquilidade”, avisou.
O equipo comeza a segunda volta na Rosaleda ante o Málaga