Publicador de contidos
Publicador de contidos

As pistas de xeo convértense nun dos atractivos do Nadal tamén en Galicia

As pistas de xeo convértense nun dos atractivos do Nadal tamén en Galicia

Este ano a pista da Coruña é ao aire libre e está no porto

G24.gal 04/01/2025 14:09 Última actualización 04/01/2025 14:31

As pistas de xeo conseguiron converterse nun dos grandes atractivos do Nadal, mesmo en lugares onde as temperaturas non facilitan especialmente a súa instalación. É o caso da Coruña.

A carón do mar e con temperaturas suaves, a cidade tamén se apunta a patinar sobre unha superficie xeada. Alí asistimos á estrea do pequeno Eloi. Está tan feliz coma mollado.

"É que caio case todas as veces", recoñece o cativo.

Dúas amigas patinan para botar unha risada e liberar tensión. O mércores retomarán o esixente e intenso segundo de bacharelato.

"Viñemos para pasar o día xuntas, a divertirnos e a caer antes de que empecen as clases", cóntannos.

Clara perfecciona a técnica antes de soltar definitivamente o punto de apoio.

"Hai que equilibrarse e mirar sempre cara adiante", explica.

Outra nena, Martina, avanza sobre o xeo con algo máis de habelencia porque xa patinou outros anos na pista de Marineda City

Son algunhas das patinadoras que máis madrugaron para vivir a experiencia da pista de xeo da Coruña, este Nadal instalada no porto.

"Eu creo que a xente relaciona a pista co inverno e co Nadal. É unha das moitas actividades que podes facer estas datas, pero é algo máis exclusiva porque non se pode facer o resto do ano", di Katia Vilas, unha das monitoras.

As pistas de xeo proliferan nas vilas e cidades galegas. A da Coruña estará aberta ata o dezanove de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos