Atopan morta unha muller no interior dun pozo de Cambados
Atopan morta unha muller no interior dun pozo de Cambados
O sinistro tivo lugar no Lugar Sameiro, na parroquia de Vilariño
Os Bombeiros rescatan do interior dun pozo o corpo sen vida dunha muller en Cambados.
Segundo informaba a alertante ao 112 Galicia, o pozo tiña unha profundidade duns 4 ou 5 metros.
A alerta activouse ás 18:30 horas, cando un particular contactaba co número único de atención ás emerxencias indicando que a súa muller atopara o corpo da súa veciña no interior dun pozo ubicado no Lugar Sameiro, na parroquia de Vilariño (Cambados).
🔴 #AXEGAInforma do rescate do corpo sen vida dunha muller en Cambados.
— 112 Galicia (@112Galicia) January 23, 2025
📍 Lugar Sameiro, Vilariño.
▶️ A vítima atopábase no interior dun pozo.
🔗 https://t.co/DIOc4IeRMF pic.twitter.com/trXjNg0mZJ
De inmediato, a sala de operacións do 112 mobilizou os recursos necesarios. O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tras chegar ao lugar, solicitou a colaboración dos Bombeiros do Salnés para proceder ao rescate. Así mesmo, interviñeron axentes da Garda Civil, da Policía Local e efectivos de Protección Civil de Cambados para coordinar as actuacións.
Nestes intres, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias que rodean ao suceso.