Cargando resultados...
Ferida grave unha muller de 45 anos ao ser atropelada en Cambados
Ferida grave unha muller de 45 anos ao ser atropelada en Cambados
A ferida foi evacuada ao Hospital do Salnés en ambulancia cunha fractura de ambas as pernas e un traumatismo cranioencefálico
Lugar onde tivo lugar o atropelo (Emerxencias Cambados)
G24.gal
03/01/2025 12:07
Unha muller de 45 anos quedou ferida de gravidade ao ser atropelada por un coche no centro de Cambados.
O suceso tivo lugar ás 08,10 horas deste venres na avenida de Galicia da localidade do Salnés, segundo informou o CIAE 112 Galicia.
Tras recibir a alerta dun particular, a central de emerxencias alertou aos bombeiros, Policía Local e Urxencias Sanitarias 061.
Finalmente, a ferida foi evacuada ao Hospital do Salnés en ambulancia cunha fractura de ambas as pernas e un traumatismo cranioencefálico.