Lucas Pérez despídese do deportivismo cunha emotiva carta
Lucas Pérez despídese do deportivismo cunha emotiva carta
Lucas Pérez: "Aquí estarei para sempre. Disposto a baixar ao barro"
Tras o comunicado oficial do club e a rolda do prensa do mércores, Lucas Pérez tamén se quixo despedir do deportivismo a través dunha carta, que publicou nas redes sociais.
"Custoume moito escribir estas liñas. Quería darme un pouco de tempo para pensar e buscar as palabras que non existen para explicar o que sinto. O que sinto polo Dépor", arrinca o xogador no seu texto.
Nela, quíxose acordar de todos os traballadores, a todos os fisios, adestradores, corpos técnicos e servizos médicos que pasaron polo club durante estes anos e que están actualmente.
"Perdoádeme por non nomear a todos, cada peza é importante neste Dépor", explicou Lucas.
"O 31 de decembro do 2022 tomei unha das mellores decisións da miña vida. Naquel momento era moi difícil crer, pero crin e cremos. Nunca poderei agradecerlle á afección, á miña cidade, a súa forza e a súa ilusión, porque cando parecía unha tolemia subirse ao barco fixéstesme capitán e empezamos a construír unha etapa inesquecible", proseguiu.
Como non, tamén mencionou aos seus compañeiros, canteiráns, como Yeremay, Mella ou Barcia, e aos capitáns (Álex, Mackay, Villares, Pablo Martínez, Balenziaga, Jaime...
"Compartimos momentos moi duros e moi felices, sempre xuntos e apoiándonos, agradecervos por tanto", apuntou.
Por último, tamén se acordou de todos os presidentes (Couceiro, Álvaro, Juan Carlos Escotet) e da vicepresidenta Michelle.
"O Dépor está por encima de todo. Son case 120 anos de historia, da historia desta cidade, da súa xente. O meu maior orgullo é sentir de verdade cada segundo e ter cravado na alma o voso agarimo. Aquí estarei para sempre. Disposto a baixar ao barro", finalizou.