Publicador de contidos
Publicador de contidos

O barrio coruñés da Agra do Orzán celebra o Aninovo chinés

O barrio coruñés da Agra do Orzán celebra o Aninovo chinés

Desde o xoves e ata este domingo varios establecementos achegaron a cultura dese país

G24.gal 02/02/2025 21:00 Última actualización 02/02/2025 21:48

A celebración do Aninovo chinés do barrio da Agra do Orzán pechou con diversións para os máis pequenos, entre elas un contacontos, contos chineses, por suposto, no espazo cultural Galgo Azul, un dos promotores desta iniciativa, que cumpre dous anos cun obxectivo definido.

"Achegar un pouco a cultura chinesa a toda a cidadanía e que os habitantes chineses do barrio tamén poidan compartir connosco a celebración", explica Juan Rodríguez, do espazo Galgo Azul. 

Desde o xoves e ata este domingo houbo degustacións gastronómicas, taichí, cinema..., actividades para todas as idades nas que colaboraron distintos establecementos do barrio, entre eles un supermercado e un restaurante chineses.

Pero no peche, como diciamos, os protagonistas foron os nenos, que aclaraban o que se celebraba e mostraban os seus traballos nun taller de mocriqueques dese país.

O barrio ten o propósito de seguir celebrando os aninovos chineses e mesmo de sacar a festa á rúa.

O Aninovo chinés é a festividade tradicional máis importante no calendario do xigante asiático. 2025, na cultura chinesa é o ano 4723, é o da serpe e comezou o 29 de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade