O Leyma recupera a Lima e mantén a dúbida de Heurtel para recibir ao Gran Canaria
O Leyma recupera a Lima e mantén a dúbida de Heurtel para recibir ao Gran Canaria
Epifanio: "Cando estás abaixo o balón pesa máis, a presión afecta a todos, hai menos alegría e costa saír do mal momento"
O adestrador do Básquet Coruña, Diego Epifanio, recupera ao pivote hispano-brasileiro Gustavo Lima e mantén a dúbida do base francés Thomas Heurtel para o partido de mañá, sábado, contra o Dreamland Gran Canaria.
“Gus xa fixo toda a semana co equipo e el ten boas sensacións. É verdade que leva oito partidos fóra do grupo, pero esperamos que, se non hai ningún contratempo, estea na convocatoria”, explicou o técnico burgalés.
Lima caeu lesionado aos 24 segundos do partido que o seu equipo disputou contra o Baxi Manresa a principios de decembro. Tras diagnosticarlle unha lesión muscular no xemelgo interno da perna dereita, o xogador perdeuse os partidos contra Xirona, Joventut, Bilbao Basket, Baskonia, Valencia, Breogán, UCAM Murcia e Real Madrid.
“Non sabemos como imos xestionar os seus minutos porque leva moito tempo parado”, comentou Epi, quen segue pendente do estado físico do francés Heurtel, cunhas molestias en xeonllo.
“Non puido participar co equipo durante toda a semana. Non é baixa segura, pero non ten a mesma pinta que Gus porque se está facendo todo o posible para que chegue ao partido"
Epifanio recoñeceu que existe tensión pola mala clasificación do club.
"Cando estás abaixo o balón pesa máis, a presión afecta a todos, hai menos alegría e costa saír do mal momento"