Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña cede ao impulso final do UCAM e pecha a primeira volta na última praza

O Leyma Coruña cede ao impulso final do UCAM e pecha a primeira volta na última praza

Un parcial de 2-16 no último cuarto decantou o partido para os de Sito ALonso

Debutou Heurtel, que achegou 4 puntos

Foto: EFE
G24.gal 18/01/2025 20:56

30 minutos non son suficientes. As carencias do Leyma esíxenlle aínda máis para conseguir vitorias en ACB. Pechou a primeira volta cun novo revés no Coliseum diante dun UCAM Murcia ao que atou de mans durante os tres primeiros cuartos.

Diante da fortaleza física dos de Sito Alonso, o Leyma expuxo diferentes e eficaces argumentos. Phil Scrubb segue medrando o seu rendemento, os cincos, Diagne e Huskic producen puntos de xeito sinxelo. Huskic foise ata os 13 puntos e 14 rebotes. Un bo final de segundo cuarto permitiulle lograr unha renda de 7 puntos. Contra o final do terceiro foi Jacovics  o que apareceu con dúas triplas seguidas para colocar un prometedor 69-63 no marcador.

Pero daquela virou todo. O Murcia afogou o ataque o Leyma, que aumentou exponencialmente o seu número de perdas e tiros forzados. Estreouse Heurtel, con 4 puntos e 5 asistancias pero perdeu varios balóns que incidiron na negativa inercia do último cuarto. O parcial foi de 2-16 ata o 71 a 77 final. A última tentativa do Leyma permitiulle colocarse a tiro de tres pero os últimos ataques, con Barrueta e Taylor aos mandos, volveron ser erráticos. A sucesión de tiros libres do Murcia puxo fin ao partido. Os de Epi quedan cun exiguo balance de só catro vitorias na primeira metade da liga e coa sensación de estar, en ocasións, superados pola presión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar