Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os galegos preparan a xornada ACB coas estreas de Heurtel e Kurucs

Os galegos preparan a xornada ACB coas estreas de Heurtel e Kurucs

O Leyma Coruña recibe o UCAM Murcia á busca da quinta vitoria (18 h)

O Breogán visita mañá ao Baskonia (17 h)

G24.gal 18/01/2025 13:15

Unha tarde especial no Coliuseum. Non sempre un xogador co historial de Thomas Heurtel se estrea cun recentemente ascedido. Farao diante do UCAM Murcia e diante dun Sito Alonso que dirixira ao xogador francés no Bacelona aló por 2017.

O caudal ofensivo do Leyma terá diante a habitual despregadura física do UCAM Murcia. Choque de estilos para tentar pechar a primeira volta co quinto triunfo.

O Río Breogán visitará mañá a pista do Baskonia coa dúbida de que rival terá diante. Se o que perdeu por 30 na última xornada contra o Xirona ou se o que onte foi capaz de derrotar en Euroliga, e con solvencia, ao actual campión, o Panathinaikos. Sexa como sexa, o partido esixirá unha óptima versión dos galegos.

No Breogán estrearase a súa última fichaxe, o letón Arturs Kurucs. Será fronte ao club no que se formou e xogou 5 temporadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade