O Breogán aguántalle tres cuartos a Baskonia (97-91)
O Breogán aguántalle tres cuartos a Baskonia (97-91)
Os galegos chegaron a ter unha vantaxe de nove no terceiro parcial (52-61), pero a calidade de Moneke (33 puntos) decidiu o encontro
O Río Breogán aguantoulle a Baskonia tres cuartos, pero no último acabou superado por un clásico da Euroliga, un Baskonia que acabou impoñéndose por 97-91.
Da man de Nakic e de Atic os de Luis Casimiro conseguían anotar con facilidade no primeiro cuarto. Houbo alternativas constantes aínda que o dominio era de Baskonia no que Moneke levaba a voz cantante (22-18). Ata o descanso aguantou á perfección o conxunto galego que chegou a ter seis puntos de vantaxe (32-38) para ir á caseta cun empate (40-40).
Os mellores minutos do partido do Breogán viñeron no terceiro período. Grant anotaba con facilidade e levaba ao seu equipo a ter unha máxima vantaxe de nove puntos (52-61). A reacción de Baskonia resultou inmediata e xusto antes de rematar o cuarto volvían a coller o mando (70-66).
Xa non tería máis alento o Breogán. Moneke estivo demoledor no último cuarto con 15 puntos (33 en total) e o Baskonia superou a decena e consolidou esa diferenza (91-79). Nos últimos segundos recuperou algo o equipo lugués, pero nunca chegou a inquietar a vitoria local.