Toni Seligrat: "Vou recuperar as boas sensacións do equipo"
Toni Seligrat: "Vou recuperar as boas sensacións do equipo"
O novo adestrador do Lugo indicou que espera que coa súa "axuda" o grupo poida volver ter o xogo e a confianza necesarias para saír da zona baixa da Primeira RFEF
O novo adestrador do Lugo, Toni Seligrat, falou sobre a súa chegada ao conxunto, a confección do equipo, o obxectivo do conxunto branco e vermello, e fixo repaso da súa carreira como preparador.
Ademais, revelou que o grupo debe "recuperar a confianza", e referiuse ás posibles necesidades en canto ao xogo e á confección do equipo.
"Teño sensacións de todo tipo, pero sobre todo un grupo con moitísimas ganas de facer as cousas ben".
"Sabemos que estamos nunha situación complicada, por iso houbo o cambio que houbo e estou eu aquí, para ver se podo axudar a que se mellore a situación. Os xogadores están moito polo labor tamén".
A primeira reválida será o domingo no derbi de Balaídos ante o Celta Fortuna.