Toni Seligrat, novo técnico do Lugo
Toni Seligrat, novo técnico do Lugo
Conta cunha traxectoria de máis de 20 anos nos bancos, con experiencia en clubs como Lleida Esportiu, C. D. Alcoyano, CE Sabadell, Nástic de Tarragona ou Deportivo Alavés B
O Lugo e Toni Seligrat chegaron a un acordo no día de hoxe para a incorporación deste último como novo adestrador do primeiro equipo da entidade.
José Antonio Seligrat Bernal (20-10-68, Torrent), conta cunha traxectoria de máis de 20 anos nos bancos, con experiencia en clubs como Lleida Esportiu, C. D. Alcoyano, CE Sabadell, Nástic de Tarragona, Deportivo Alavés B ou a súa última etapa como técnico asistente no Valencia Cf.
Seligrat chega acompañado do seu staff técnico, do que formará parte Dani Galán, que promove ao primeiro equipo desde o filial.
O técnico asina ata final de tempada, e dirixirá a sesión de adestramento do primeiro equipo programada para hoxe ás 16:00 h.