Un só triunfo nos últimos nove partidos provocan o cesamento de Lolo Escobar
Un só triunfo nos últimos nove partidos provocan o cesamento de Lolo Escobar
A dirección deportiva do Lugo, liderada por Roberto Sáez, xa rastrexa o mercado en busca dun substituto
Lolo Escobar deixa de ser o adestrador do Club Deportivo Lugo. A crise de resultados na que está inmerso o equipo tivo as consecuencias esperadas e o preparador manchego convértese na enésima vítima da inestabilidade instaurada no banco do Anxo Carro desde que Tino Saqués ten o mando.
"Desde esta institución quere agradecerse, tanto a el, como o seu corpo técnico, o seu traballo, dedicación e profesionalismo durante a súa etapa no club e desexámoslle o maior dos éxitos nos seus futuros proxectos, tanto persoais como profesionais", di o comunicado remitido pola entidade.
A dirección deportiva, encabezada por Roberto Sáez, xa rastrexa o mercado en busca dun substituto que se faga cargo do persoal de inmediato.
Escobar chegara ao cargo no mercado estival procedente do Alxeciras e o seu traballo en ningún momento estivo en dúbida nos primeiros meses de competición.
📄 𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗔𝗗𝗢 𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 | Lolo Escobar.#ForzaLugo
— Club Deportivo Lugo 🪓 (@CDeportivoLugo) January 20, 2025