Cargando resultados...
Luis Casimiro: "Foi unha semana complicada"
Luis Casimiro: "Foi unha semana complicada"
O adestrador do Breogán destacou que só sete xogadores completaron todas as sesións
"Arturs Kurucs é unha moi boa incorporación para o equipo"
G24.gal
17/01/2025 13:17
Luis Casimiro falou sobre a situación actual do equipo e a última incorporación do Breogán na conferencia de prensa previa ao partido contra o Baskonia. O adestrador do conxunto lucense fixo fincapé nas dificultades da última semana: "Só sete xogadores completaron todas as sesións de traballo".
Por outra banda, Casimiro destacou á nova fichaxe dos de Lugo: "Arturs Kurucs é unha moi boa incorporación para o equipo e vainos axudar". Neste sentido, quixo valorar a reacción do clube e "a súa rapidez para xestionar situacións complicadas".