Publicador de contidos
Publicador de contidos

O derbi da ACB queda en Lugo (83-80)

O derbi da ACB queda en Lugo (83-80)

O Breogán xogou mellor os últimos minutos con Hilliard e Sakho tendo un papel decisivo

G24.gal 12/01/2025 14:11 Última actualización 12/01/2025 14:33

O Río Breogán levou o derbi galego diante do Leyma Coruña (83-80) nun partido de parciais amplos no primeiro tempo e igualadísimo no segundo tempo.

Entrou no partido cunha marcha máis o Breogán. Cando quixo decatarse o Leyma Coruña perdía por 18-2 pero a reacción foi tan contundente como despiste inicial. No primeiro cuarto só perdían por seis (22-16) e cun parcial de 0-13 no segundo cuarto colleron o mando do partido cun par de triplas de Thompkins (24-29). Era un momento difícil para un Breogán que tivo fortaleza para impedir que os visitantes marchasen no marcador e chegouse ao descanso cun igualado 36-38. 

Os empates foron constantes no terceiro cuarto. Sakho mandaba baixo os aros pero o Leyma Coruña tamén facía dano desde o tiro exterior. Os tres puntos de diferenza a prol do equipo coruñés (57-60) foi a máxima que tivo calquera dos dous equipos. 

Deu un pequeno tirón o Leyma (67-71) e recuperou o Breogán que se puxo por diante cunha tripla de Hilliard (77-74), determinante no derradeiro cuarto. Outro factor decisivo foi Jordan Sakho. Anotou dúas canastras seguidas para poñer o 82-80 a un minuto do final. O Leyma Coruña tivo catro lanzamentos para igualar ou gañar o partido pero ningún dos seus intentos acabou no aro e Hilliard sentenciou desde o tiro libre. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos