Publicador de contidos
Publicador de contidos

O IPC repunta ao 2,8 % en decembro polo prezo dos carburantes e o ocio

O IPC repunta ao 2,8 % en decembro polo prezo dos carburantes e o ocio

Confírmase igualmente a taxa de inflación subxacente (sen enerxía nin alimentos non elaborados), que se situou no 2,6 % interanual en decembro, dúas décimas por encima do mes anterior

O IPC pechou 2024 en Galicia no 2,7 %, unha décima menos que a media nacional

G24.gal 15/01/2025 08:59 Última actualización 15/01/2025 10:32

O índice de prezos de consumo repuntou en decembro ao 2,8 % interanual, catro décimas máis que o mes anterior, polo encarecemento dos carburantes e dos paquetes turísticos, mentres que a inflación dos alimentos aumentou unha décima, ata o 1,8 %.

O Instituto Nacional de Estatística confirmou este mércores o dato de inflación adiantado hai dúas semanas, cuxo incremento se debe á subida dos prezos dos carburantes e lubricantes para vehículos persoais, fronte á baixada en decembro de 2023, e dos paquetes turísticos, maior que no mesmo mes do ano pasado.

Confírmase igualmente a taxa de inflación subxacente (sen enerxía nin alimentos non elaborados), que se situou no 2,6 % interanual en decembro, dúas décimas por encima do mes anterior.

O IPC pechou 2024 en Galicia no 2,7 %, unha décima menos que a media nacional

O índice de prezos de consumo repuntou en decembro en Galicia ao 2,7 % interanual, catro décimas máis ca o mes anterior, polo encarecemento da electricidade e dos carburantes, mentres que a inflación dos alimentos creceu dúas décimas, ata o 1,4 %.

O Instituto Nacional de Estatística confirmou este mércores o dato de inflación adiantado hai dúas semanas pola subida dos prezos dos carburantes e lubricantes para vehículos persoais, fronte á baixada en decembro de 2023, e dos paquetes turísticos, maior que no mesmo mes do ano pasado.

O principal grupo que tirou á alza do IPC en Galicia en decembro -do mesmo xeito que no resto de España- foi o da vivenda, no que se encadra a electricidade, que subiu ata o 7,2 % interanual na comunidade, un 0,7 % superior máis que o mes pasado.

O grupo dos alimentos creceu dúas décimas en decembro respecto ao mes anterior, polo que chegou ata o 1,4 % ao peche do ano. Ademais da vivenda, as maiores subidas interanuais en decembro rexistráronse no lecer e a cultura, 2,5 puntos superior, cun aumento en 2024 do 3 %; e o transporte, cun incremento respecto a novembro do 0,7 % e un aumento en 2024 do 1,1 %.

O grupo hoteis, cafés e restaurantes creceu un 4,3 % o ano pasado na comunidade, tras un aumento de 0,3 puntos en decembro; e as bebidas alcohólicas e o tabaco incrementaron o seu prezo en 2024 un 4,6 %, unha subida de dous décimas respecto ao mes anterior.

O ano pasado incrementou o prezo da educación, un 2,7 %, tras unha baixada dunha décima en decembro; e o das medicinas, un 2,3 % máis que en 2023, tamén cunha baixada dunha décima respecto ao mes anterior. A roupa e o calzado encareceron un 0,5 % o ano pasado, cun descenso de 0,8 puntos respecto a novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade