A gasolina sobe en Nadal a 1,525 euros e o gasóleo encarece a 1,442 euros
A gasolina sobe en Nadal a 1,525 euros e o gasóleo encarece a 1,442 euros
Este final de 2024 trae uns carburantes máis caros que hai catro anos, xusto antes do inicio da pandemia
No Nadal do 2019 o prezo da gasolina era de 1,303 euros por litro de media e o do gasóleo, de 1,221 euros
Os carburantes seguiron subindo en España na última semana de 2024, en pleno Nadal, cando o litro de gasolina se pagaba de media a 1,525 euros e o gasóleo a 1,442 euros, un 0,66 % e un 0,69 % máis que unha semana antes.
Segundo os datos do Boletín Petroleiro da Unión Europa (UE) publicado este xoves, practicamente desde outubro a gasolina e o gasóleo non deixaron de subir, co que recuperan niveis de setembro e de agosto pasado, respectivamente.
Cos datos recolleitos en 11.400 estacións de servizo españolas entre o 24 de decembro e o 30 de decembro, os carburantes seguen sendo, con todo, máis baratos que cando comezou 2024. Agora o prezo da gasolina é un 0,65 % menor do que tiña ao arrincar o ano e o do diésel, un 3,48 % máis baixo.
Encher un depósito de 55 litros de gasolina custaba nos últimos días de decembro 83,88 euros de media, mentres que facelo con diésel supoñía pagar 79,31 euros.
Aínda así, ambos os carburantes atópanse moi lonxe dos máximos que alcanzaron en xuño do 2022 pola crise enerxética que desencadeou a invasión rusa en Ucraína.
A pesar de aplicarse un desconto de 20 céntimos por litro, a gasolina alcanzou nesa data o seu máximo histórico en 1,941 euros por litro, un 21,43 % máis que o que custa agora; mentres que o gasóleo tiña un prezo un 24,11 % superior ao actual.
Este final de 2024 trae uns carburantes máis caros que fai catro anos, xusto antes do inicio da pandemia. No Nadal do 2019 o prezo da gasolina era de 1,303 euros por litro de media e o do gasóleo de 1,221 euros.
Unha semana máis, os prezos medios dos carburantes en España sitúanse por baixo da media dos países da Unión Europea e da zona euro. No caso dos 27 da UE, o prezo medio do litro de gasolina foi na última semana de decembro de 1,656 euros e o do gasóleo de 1,571 euros por litro.