Publicador de contidos
Publicador de contidos

As axencias estudan se pedir nos tribunais a súa exclusión do rexistro de viaxeiros

As axencias estudan se pedir nos tribunais a súa exclusión do rexistro de viaxeiros

A Confederación Española de Axencias de Viaxes defende que debe quedar fóra da obriga de comunicar os datos dos turistas

O Goberno abriu un novo período de alegacións ata o 21 de xaneiro

G24.gal 04/01/2025 21:13 Última actualización 04/01/2025 21:36

"A xente vén bastante informada sobre o tema, moitos xa din: Xa sabemos que pola nova normativa nos ides pedir máis datos", di Jessica Calvo, recepcionista de hotel.

Un mes despois da entrada en vigor do rexistro de viaxeiros, neste hotel de Santiago contan que aplican a lei sen dificultade pero que a recollida dos datos da clientela enreda o seu traballo diario.

"Mesmo nos grupos, pedímoslles os datos antes porque non acabariamos en todo o día de facerlles o check in".

"Eu simplificaría un pouco máis, non entendo para que piden o número de soporte, ter que meter de todos os pasaxeiros o correo, o teléfono... Xa digo, eu simplificaríao un pouco, todo", explica Jessica Calvo.

A mesma norma obriga tamén as empresas de alugueiro de vehículos sen condutor e as axencias de viaxes.

"Imaxina un congreso de mil persoas, son cousas inviables. Nós o que pretendemos é que se nos escoite en serio, que se nos consulte, sobre todo que poidamos expoñer as distintas tipoloxías que hai dentro das axencias de viaxes", afirma Juan Antonio Rivadulla, secretario xeral da Confederación Española de Axencias de Viaxes.

O Goberno abriu un novo período de alegacións ata o 21 de xaneiro que o sector vai aproveitar para argumentar o seu rexeitamento á norma.

"Pedimos a exclusión desta lei porque non favorece a aplicación da propia lei. En caso de que continúe a lei igual teremos que facer valer os nosos dereitos fronte á xustiza e posiblemente teñamos que ir por aí", conclúe Juan Antonio Rivadulla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade