Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dando a benvida ao 2025 a remollo en auga termal

Dando a benvida ao 2025 a remollo en auga termal

Os hoteis balnearios da provincia de Ourense remataron o 2024 cun 10 por cento máis de ocupación que o ano anterior

G24.gal 01/01/2025 14:35

Comezar o 2025 a remollo en auga quente. Así decidiron dar a benvida ao ano novo no balneario de Laias, que está a tope tras a cea e a festa de fin de ano. O 2024 remata cun 10 por cento máis de ocupación nos hoteis balnearios de provincia de Ourense con respecto ao ano anterior.

Auga mineromedicinal como tratamento, para baixar o champaña, as uvas, o marisco e os doces de Nadal.

Máis de 120 persoas pasaron a Noitevella no balneario de Laias. Hai familias enteiras; avós e crianzas compartindo piscina termal.

Moitos repiten. E é que estrear ano na auga a 34 graos mentres fóra xea, sanda e relaxa.

O balneario de Laias recibe o 2025 cun 75 por cento de ocupación. Arrincando en calma, a remollo e ao quente encárase o 2025 con outra cara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade