Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido en Vigo acusado de tentar estrangular e esgazarlle a roupa á súa muller

Detido en Vigo acusado de tentar estrangular e esgazarlle a roupa á súa muller

O home de 48 anos está acusado de tentar estrangular e esgazarlle a roupa á súa muller porque esta chegara tarde á casa tras saír de festa cunha amiga na noite de fin de ano

A presunta agresión presenciouna a filla común de ambos, de catro anos de idade

G24.gal 03/01/2025 13:31 Última actualización 03/01/2025 13:44

Un home de 48 anos foi detido en Vigo pola Policía Local, acusado de tentar estrangular e esgazarlle a roupa á súa muller porque esta chegara tarde á casa tras saír de festa cunha amiga na noite de fin de ano.

A presunta agresión presenciouna a filla común de ambos, de catro anos de idade. Os feitos ocorreron nun piso da rúa Badajoz, no barrio do Calvario, sobre as 2:45 horas da madrugada.

A muller chamou o 092 para denunciar os feitos. Dixo que o marido se negou a deixala entrar e, cando o fixo, esgazoulle a roupa e agarrouna fortemente polo pescozo. Unha amiga da vítima axudouna a fuxir do domicilio. O home, de orixe peruana, está acusado dun delito de violencia de xénero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade