Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cada galego gasta na lotaría do Neno 19 euros de media

Cada galego gasta na lotaría do Neno 19 euros de media

Nas administracións de lotaría que abriron este domingo, véspera do sorteo extraordinario do Neno, confirman que as vendas foron boas este ano

O sorteo do día de Reis reparte 770 millóns de euros en premios

 

G24.gal 05/01/2025 16:53

Nesta administración número 16 de Santiago, a venda dun cuarto premio na lotería de Nadal foi un estimulo para o sorteo extrarodinario do Neno. Aseguran que aumentaron o número de décimos vendidos.

"É verdade que crecemos un pouquiño máis, pero é a raíz dese premio. Ese cuarto premio parece que xera unha ilusión de "imos alí, que alí toca". Tocar, toca ou non, pero medramos, si", di Manuel, propietario da administración.

Din que a sorte atrae a sorte ,pero o certo é que noutras administracións confirman que tamén tiveron unha boa campaña. Nalgúns xa esgotaron os décimos.

"Foi unha voráxine, Moi contentos, foi unha campaña moi boa de Nadal e agora".
Cada español destinará unha media de 18,20 euros a este sorteo, uns céntimos máis que o ano pasado, di un loteiro.

En Galicia achegarémonos case ao décimo por habitante, cun gasto medio de 19,37 euros.

"Un décimo porque non me tocou nada na outra e a ver se recupero".

"Este ano imos xogar algo máis, a ver se hai sorte en Galicia".

"Uns 120 euros levo, si, si", din unhas mulleres.

O sorteo do día de Reis reparte 770 millóns de euros en premios.

"Hai máis premios pequenos, hai tres reintegros, hai premio ás dúas últimas cifras, ás tres pero o importante é que toque un petisquiño", di o loteiro.

O primeiro premio equivale a 200 mil euros por décimo e o segundo a 75 mil euros.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar