Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ringleiras de clientes acoden mercar os seus décimos para a Lotaría do Neno

Ringleiras de clientes acoden mercar os seus décimos para a Lotaría do Neno

Moitos gastan o gañado o 22 en décimos para o 6 de xaneiro

G24.gal 26/12/2024 20:30 Última actualización 26/12/2024 20:47

A posibilidade de que toque algo na Lotería do Nadal, aínda que sexa o reintegro, é de unha entre sete. Por iso son moitos os que gastan ese algo, ou parte do que lles tocou o 22 de decembro, na Lotaría do Neno, un sorteo no que, por certo, as probabilidades de gañar algo son maiores.

Na tarde do xoves, como é habitual nestes días, formáronse ringleiras de xente esperando para poder comprar algún décimo.

No Sorteo do Neno os premios son menores ca na Lotaría do Nadal, pero repártense máis. Por iso moitos gastan neste premio o que lles tocou no 22 de decembro.

Como en cada edición, mantéñense determinadas manías coas que engaiolar a sorte.

O Gordo do Neno repartirá 200.000 euros ao décimo, 10.000 euros por euro xogado. En total, 168.000 euros despois de facer as contas con Facenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade