A lotaría do Neno esgota terminacións populares
A lotaría do Neno esgota terminacións populares
O 25 xa non se consegue a esta altura
Sortearanse 770 millóns o 6 de xaneiro, 200.000 euros ao décimo
Neste segundo sorteo do Nadal hai máis probabilidades de que toque porque hai máis reintegros
Nesta fría mañá de inverno, ritmos de latitudes máis cálidas amenizan a espera na ringleira para mercar lotería. A uns días do sorteo do Neno, números ben queridos xa se esgotaron. A responsable dunha administración de lotarías di que o ano en que estás adóitase pedir, e o 25 xa se esgotou, non sae nin en máquina.
A estatística é clara: os cen mil números teñen a mesma probabilidade de saír. Con todo, hai cifras que gustan máis que outras xa de vello, como as que rematan en cero, terminación do primeiro premio en 22 ocasións.
Unha compradora explica que ten o marido moi maliño e que vai mercar os números que sempre xogou el, o cero e o cinco. Un home di que vai tocar ou o cinco ou o tres, e que colleu para repartir cos compañeiros.
A lotería do Neno repartirá 770 millóns de euros. Cada décimo do Gordo levará 200.000. E aínda que o sorteo do Nadal ten máis adeptos, este ten as súas virtudes.
"Os profesionais deste tema din que hai máis premios e máis posibilidade de que toque a do neno, eu xogo máis a do neno" di un home.
Logo da análise, vén o presaxio, porque o azar ten os seus misterios. "Soñei cun 540, e entón soñei cun 35, comprei o 32540, a ver se hai sorte, a ilusión que non falte", conclúe o veciño de Santiago.