Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sorteo do Neno repartirá o Día de Reis 770 millóns de euros, 70 millóns máis ca o ano pasado

O sorteo do Neno repartirá o Día de Reis 770 millóns de euros, 70 millóns máis ca o ano pasado

A venda dos décimos estará disponible ata ás 10:00 horas de mañá

O sorteo celebrarase no salón de Loterías e Apostas do Estado (LAE) O sorteo celebrarase no salón de Loterías e Apostas do Estado (LAE)
G24.gal 05/01/2024 11:07

O sorteo do Neno celebrarase este sábado 6 de xaneiro, ás 12:00 horas e repartirá 770 millóns de euros en premios, 70 millóns máis que o ano pasado. Terá lugar no salón de Loterías e Apostas do Estado (LAE) polo sistema de bombos múltiples.

Os décimos para participar neste "entrañable sorteo", así denominado por LAE, poderán ser adquiridos ata as 10:00 horas de mañá, 6 de xaneiro. Trátase dun día festivo, polo que moitas administracións estarán pechadas pero, aínda que non se podan comprar presencialmente, sempre queda a opción da venda en liña.

En concreto, a emisión da lotería de reis ascende a un total de 55 series de 100.000 billetes cada unha, ao prezo de 200 euros o billete, dividido en décimos de 20 euros. O total da emisión é de 1.100.000.000 de euros.

Respecto aos premios máis importantes: o Primeiro Premio é de 2.000.000 de euros por serie; o Segundo Premio, de 750.000 euros por serie; e o Terceiro Premio, de 250.000 euros por serie. Ademais, hai 20 premios de 3.500 euros, outros 1.400 premios de 1.000 euros por serie e 5.000 premios de 400 euros, entre outros. 

Este 2024, o sorteo do Neno está ilustrado coa 'Adoración dos Reis Magos' de Hendrick Van Balen, que está exposta no Museo Nacional do Prado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade