Publicador de contidos
Publicador de contidos

A administración atracada en Lugo esta semana reparte 250.000 euros

A administración atracada en Lugo esta semana reparte 250.000 euros

Vendeu dez décimos do 57.033, o terceiro premio do Sorteo do Neno

G24.gal 06/01/2024 18:41 Última actualización 06/01/2024 21:27

A Administración de Lotaría número 10 de Lugo, situada na rúa Lamas de Prado, que este xoves sufriu un atraco, repartiu no sorteo do Neno dez décimos do terceiro premio, o que supón un total de 250.000 euros.

O número 57.033 deu "un pouco de alivio" a Guillermo Rodríguez, responsable do negocio. "Emocionado", pero aínda "intranquilo" polo sucedido esta semana, recoñece que o premio supón "un granito de alegría dentro destes dous días horrorosos".

Segundo comentou en declaracións aos medios, os dez décimos foron vendidos todos en portelo hai xa varias semanas, mesmo antes do sorteo do Nadal, polo que cre que as persoas premiadas son xente do barrio.

Os feitos

O atraco foi o xoves de mañá, pasadas as 8:30 horas, cando o propietario ía abrir o negocio. Dous encapuchados, co rostro e as mans cubertas, asaltárono armados cunha pistola e levaron un botín, segundo a estimación do propio loteiro, de "preto de 400.000 euros".

Tras o asalto, que durou "uns oito minutos", xa que as caixas de seguridade contan cun mecanismo de retardo que non permite acceder inmediatamente ao seu contido, o administrador alertou a policía, que non tardou en comparecer no lugar dos feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade