Buscan o autor de dous atracos en farmacias de Redondela pistola en man
Buscan o autor de dous atracos en farmacias de Redondela pistola en man
Atracan dúas farmacias de Redondela ameazando cunha pistola
A policía investiga os asaltos co mesmo 'modus operandi'
O primeiro atraco produciuse nunha farmacia da parroquia de Chapela, cando entrou no establecemento un home coa cara cuberta. As empregadas explicaron que lles esixiu o diñeiro da recadación mentres as apuntaba cunha pistola. Levou só cinco euros porque as empregadas non poden acceder a caixa de seguridade.
Tres días despois algo similar pasou noutra farmacia na parroquia de Cedeira. Aquí o susto foi maior para as traballadoras que estaban na botica porque o atracador obrigounas a pecharse no baño. Dende alí puideron dar a voz de alarma pero pasaron momentos moi tensos porque non sabían se o asaltante xa marchara da farmacia.
Neste caso tampouco puido acceder a caixa e o atracador marchou co pouco diñeiro que había no mostrador. Pouco botín pero gran susto para os traballadores destas farmacias. A policía busca o autor destes atracos. As imaxes gravadas polas cámaras de seguridade das dúas farmacias serán determinantes na investigación.