Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detiveron o presunto autor do atraco á sucursal de Caixabank no barrio vigués de Beade

Detiveron o presunto autor do atraco á sucursal de Caixabank no barrio vigués de Beade

Posteriormente fuxiu nun vehículo en dirección a Bembibre, mais finalmente atrapárono

Fontes policiais sinalan que a investigación segue aberta

G24.gal 31/10/2024 12:08

A Policía Nacional detivo nas últimas horas o presunto autor do atraco a unha oficina de CaixaBank na parroquía viguesa de Beade, este pasado martes. Os feitos ocorreron cara ao mediodía e foron perpetrados por unha persoa, supostamente o agora detido, e sen que se producisen feridos. 

Despois de que os axentes comezasen a procura do devandito individuo, tras supostamente entrar nunha filial do banco, asperxer con gasolina unha mesa e ameazar os empregados con prenderlle lume. O botín que conseguir levar eran duns 600 euros.

Posteriormente fuxiu nun vehículo en dirección a Bembibre, iniciándose unha procura que terminou coa detención deste home. Fontes policiais explicaron que a investigación continúa aberta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade