Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan un repartidor por roubar décimos de lotería que debía entregar nunha administración

Investigan un repartidor por roubar décimos de lotería que debía entregar nunha administración

O investigado é un veciño de Cerdedo-Cotobade traballador dunha empresa de mensaxería 

G24.gal 05/01/2023 16:54

A Garda Civil investiga penalmente un veciño da localidade pontevedresa de Cerdedo-Cotobade, de 30 anos de idade, como presunto autor do roubo con forza de varios billetes da lotería de Reis, e doutros sorteos xa celebrados.

Supostamente, subtraeunos do interior das valixas que tiña que trasladar por ser o empregado dunha empresa de mensaxería que traballa para unha administración de lotería situada en Ponte Caldelas.

Segundo informou a Garda Civil, a lotería subtraída non se puido recuperar. Loterías e Apostas do Estado xa a invalidou eses números.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade