Publicador de contidos
Publicador de contidos

Turróns e champaña para animais, unha forma de integrar as mascotas nos xantares e ceas de Nadal

Turróns e champaña para animais, unha forma de integrar as mascotas nos xantares e ceas de Nadal

O máis vendido este ano son os turróns, dispoñibles en tres sabores: arroz con leite, tarta de cenoria e iogur con arandos

O champaña está feito con kéfir de cabra, un probiótico moi bo para cans e gatos

Están feitos con produtos artesanais e naturais adaptados ás súas necesidades
G24.gal 02/01/2025 10:53

Cans e gatos xa quedan cada vez menos excluídos das celebracións e os xantares tradicionais por estas datas. Ademais fano con produtos artesanais e naturais adaptados ás súas necesidades pero que non perden a esencia destas festas.

"Hai tres anos empezáronse a vender panettones para cans e, máis adiante, aínda que eu non os teño, empezaron a saír de máis sabores e non só o clásico. O que está de moda este Nadal son os turróns en tres sabores: arroz con leite, tarta de cenoria e iogur con arandos. Estanse a vender moi ben", declara Carmen Castelao, dona dunha tenda de produtos para mascotas.

Piruletas, galletas de polo, pato ou porco son xa elementos máis clásicos e habituais, aínda que van introducindo cada vez máis motivos propios do Nadal. O que tamén está triunfando e esgotándose nas tendas especializadas é o champaña para mascotas. Perfecto para o brinde da Noitevella.

"Está feito con kéfir de cabra, un probiótico moi bo para cans e tamén gatos. É unha idea moi orixinal, sobre todo para regalar nestas datas", explica Mari Luz Lucana, que tamén comercializa estes doces para mascotas.

Bolsas con alimentos e roupa nas clásicas cestas de Nadal para regalar teñen cada vez máis demanda, e é que cada vez máis as mascotas forman parte dos núcleos familiares e, como tales, están a ser tratadas polos seus donos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade