Epifanio recupera a Phil Scrubb para o derbi
Epifanio recupera a Phil Scrubb para o derbi
O técnico do Leyma mantén a dúbida do xeorxiano Beka Burjanadze, que “onte seguía cun pouco de febre”
Diego Epifanio, adestrador do Leyma Básquet Coruña, xa ten á súa disposición ao internacional canadense Phil Scrubb, recuperado da rotura muscular do xemelgo interno da perna dereita sufrida o pasado 14 de decembro durante o partido contra o Xirona.
O xogador, un dos reforzos estivais do conxunto laranxa, xa viaxou o pasado xoves co equipo a Vitoria, pero non disputou ningún minuto ante o Baskonia.
“O outro día entrou na convocatoria polo número de efectivos que eramos e tamén un pouco pola sensación de estar co equipo, pero a día de hoxe non fixo ningún adestramento de contacto co equipo, por iso o outro día evidentemente non o puxemos a xogar”, explicou Epifanio.
Con todo, o técnico do Básquet Coruña é “optimista” sobre a súa participación no derbi do domingo contra o Río Breogán no Pazo Provincial de Lugo.
“Hoxe vai ser o primeiro día que Phil faga adestramentos non só dun por cero, senón que faga xa situacións de contacto con compañeiros, entón imos ver como evoluciona. Todos somos bastante optimistas, pero non sei ata canto é o tempo que nos vai a poder axudar o domingo”, destacou.
Epifanio mantén a dúbida do xeorxiano Beka Burjanadze, “onte seguía cun pouco de febre”, e practicamente descartou ao capitán Alex Hernández porque leva “catro ou cinco días seguidos en cama”
Epifanio falou das virtudes do Breogán.
"É un equipo moi compacto. Están en boa onda, con confianza e comparten moi ben o balón".