O Breogán visita o Andorra e o Leyma recibe o Valencia
O Breogán visita o Andorra e o Leyma recibe o Valencia
A derrota fronte ao Manresa foi un exercicio de realism para o Río Breogán, vítima das súas limitacións. E tamén para o seu adestrador, Luis Casimiro, un exercicio de aprendizaxe para citas futuras. Ou iso agarda el xa no encontro de hoxe, na pista do Andorra, só 48 horas despois.
Só hai unha vitoria a prol do Andorra na clasificación. E iso que a aposta económica do equipo pirenaico é notablemente superior á lucense. As lesións te´n boa parte de culpa do discreto rendemnto dos de Natxo Lezkano
Tamén as lesións afectan a un Leyma Coruña que terá diante mañá unha cita máis que esixente. Chega un dos líderes, un Valencia, que aposta con Pedro Martínez por un estilo de xogo atractivo e con protagonismo do tiro exterior.
Os coruñeses non lle querenb virar a cara ao equipo máis en forma da competición.