Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán gaña en Andorra a triplazo limpo (93-101)

O Breogán gaña en Andorra a triplazo limpo (93-101)

O equipo galego anotou 16 triplas cunha porcentaxe do 70% de acerto

Chegaron a gañar por 26 puntos e acabaron sufrindo no último cuarto

G24.gal 04/01/2025 21:57 Última actualización 04/01/2025 22:41

O Río Breogán sumou a quinta vitoria na pista de Morabanc Andorra. Foi un festival ofensivo dos de Luís Casimiro que chegaron a asinar porcentaxes por riba do 75% de acerto nas triplas durante a meirande parte do encontro. Apareceu un xogador vital como Hilliard, descoñecido ata o de agora polas súas baixas prestacións. 

O primeiro cuarto foi igualado cun Breogán moi atinado en ataque pero o Andorra respostaba do mesmo xeito (23-26). O encontro comezou a racharse mediado o segundo cuarto cun parcial de 0-7 (32-41) que achegaba a diferenza aos dez puntos. Ao descanso o acerto no tiro de tres era de 10/14 para os breoganistas cun Hilliard brillante con 21 puntos e 4 triplas sen erro no lanzamento (43-55). 

Lonxe de caer esas porcentaxes mantivéronse nun terceiro cuarto que acabou por pechar a vitoria. O Breogán era unha máquina no xogo ofensiva diante dun Andorra carente de intensidade defensiva. O parcial chegou a ser de 52-78 (+26) a pouco de rematar o terceiro cuarto con todos os xogadores galegos achegando puntos.

Parecía sentenciado o compromiso pero nada máis lonxe da realidade. O Breo durmiuse e iso aproveitouno o Andorra. Levado por Harding, o máximo anotador da ACB, chegou a poñerse a só catro puntos a dous minutos do final (91-95). Unha canastra de Aranitovic e outra de Nakic deron tranquilidade nese momento tan complicado e a vitoria veu para Lugo (93-101).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos