Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luis Casimiro pide "igualar" o nivel físico do Manresa

Luis Casimiro pide "igualar" o nivel físico do Manresa

Para Casimiro, outra das claves estará “no rebote” porque o Manresa é o segundo equipo que máis rebotes captura da liga Endesa

Foto @CBBreogan
G24.gal 30/12/2024 15:32 Última actualización 30/12/2024 15:37

Luis Casimiro, adestrador do Río Breogán, sinalou este luns que o seu equipo deberá “igualar” o nivel físico do Baxi Manresa para ter opcións de vitoria ante o conxunto dirixido por Diego Ocampo no primeiro partido ligueiro do 2025.

“É un equipo bastante físico, tamén na zona. Tanto exterior como interiormente é un equipo moi físico, que ademais xoga moi intenso e moi rápido. Por iso, o primeiro que temos que facer é igualar o seu nivel físico, o seu nivel de ritmo de partido para poñernos á súa altura a nivel de competición. Esa é a clave”, afirmou.

O técnico breoganista, ademais, eloxiou o rendemento defensivo que está a ofrecer o equipo catalán, así como a súa capacidade para “castigar” os erros do rival.

“Cada vez que poden correr castíganche correndo, é un equipo que castiga bastante os erros. E logo ten dúas bases –Mario Saint-Supery e Dani Pérez- que lle dan unha personalidade diferente cada un”, explicou na súa comparecencia ante os xornalistas.

Para Casimiro, outra das claves estará “no rebote” porque o Manresa é o segundo equipo que máis rebotes captura da liga Endesa, só superado polo Valencia Basket.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos