Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os galegos da ACB queren pechar o ano con vitoria

Os galegos da ACB queren pechar o ano con vitoria

O Leyma Coruña precisa gañar no Coliseum diante do Bilbao

O Breogán xoga en Málaga, onde non gaña hai 19 anos

G24.gal 28/12/2024 14:18

Quen lle ía dicir a marea laranxa, quen lle ía dicir ao Leyma despois de tumbar no Coliseum o Madrid e o Zaragoza nas cinco primeiras xornadas que, polo Nadal, o seu problema ía estar na casa. Porque fóra gañou os últimos partidos, pero na Coruña, nada. Partido a cara de can polo descenso ante Bilbao.

Partido que o Leyma afrontará sen Lima e Scrubb -lesionados- e sen Figueroa que marchou. Ás seis arranca, a mesma hora que o fai o Breogán en Málaga, ante o segundo clasificado, Unicaja. Complicado envite ao que chega logo de superar a Xirona coa determinante actuación da súa nova fichaxe, Grant. Un xogador... como di Casimiro... con gol.

O Breogán necesita o triunfo para saír do descenso. A última vitoria na ACB no Carpena haina que ir buscar 19 anos atras, un 11 de decembro....   74-77. Xa foron tempos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos