A vitoria do Baxi Ferrol non lle abonda para obter o pasaporte para a Copa da Raíña
A vitoria do Baxi Ferrol non lle abonda para obter o pasaporte para a Copa da Raíña
O cadro ferrolán fixo o seu traballo contra o Ardoi pero non lle favoreceron os terceiros resultados
O Baxi Ferrol precisaba gañarlle ao Ardoi e que outros resultados fosen favorables para meterse entre os oito mellores equipos ao final da primeira volta na Liga Feminina de baloncesto. O equipo de Lino López fixo o seu traballo (71-49) pero o resto de condicionantes non se produciu co que o Baxi non estará nunha das grandes citas da temporada. O partido decidiuno o cadro galego nun gran terceiro cuarto no que levaron a diferenza por riba dos vinte puntos. Agora terán que centrarse na competición europea porque comezan a seguinte eliminatoria da Eurocup Women (o xoves, en directo na G2 e agalega.gal).
Dous dos rivais directos do Baxi xogaban contra os outros equipos galegos. Tanto o Estudiantes, que se impuxo na pista do Durán Maquinaria Ensino por 72-77, como o Gran Canaria, que lle gañou como local ao Celta Baloncesto (85-76), acadaron a vitoria e remataron por riba do cadro ferrolán.