Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres derrotas galegas na xornada da Liga Feminina

Tres derrotas galegas na xornada da Liga Feminina

O Baxi caeu diante do poderoso Perfumerías Avenida

O Celta e o Ensino estiveron moi preto de sacar o triunfo nos partidos que xogaron como visitantes

G24.gal 20/10/2024 14:31

Mala xornada na Liga Feminina de baloncesto coa derrota dos tres equipos galegos. O Celta Femxa Zorka xogou o sábado diante do Cadi La Seu e caeu por 91-79. O partido foi moi igualado e decidiuse na prórroga (75-75). No tempo suplementario o equipo local estivo moi inspirado e, cun parcial de 16-4, levou o partido. 

O Baxi Ferrol xogaba na Malata contra o Perfumerías Avenida. O cadro salmantino cumpriu co agardado e gañou por 59-83. O segundo cuarto (parcial de 9-30) marcou o partido. Ao descanso o Avenida gañaba por 27-45 e na segunda metade controlou a vantaxe. 

O Durán Maquinaria Ensino parecía ter na moitas posibilidades de levar o partido que xogou na pista do Joventut ao remate do terceiro cuarto (49-56). Pero no derradeiro deixou escapar todo o traballo feito os outros trinta minutos. Malia o gran partido de Rachel Howard (20 puntos) a vitoria quedou en Badalona por 72-67. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar