Galicia, con tres equipos, protagonista na presentación da Liga Feminina de baloncesto
Galicia, con tres equipos, protagonista na presentación da Liga Feminina de baloncesto
Baxi Ferrol, Ensino e Celta tentarán acadar a permanencia sen deixar de soñar coa posibilidade de estar entre as oito mellores
A liga feminina de baloncesto comeza esta fin de semana. Faino en Murcia coa disputa do primeiro título da temporada, a Supercopa. No equipo anfitrión xoga a ourensá Paula Ginzo. Unha semana despois porase o balón en xogo coa primeira xornada da competición regular. O Valencia Basket da galega Raquel Carrera defende o título de liga.
O Baxi Ferrol, oitavo o curso anterior tras unha temporada espectacular, compaxinará a liga coa competición europea, onde debutou con triunfo asoballador. Este xoves, teñen nova cita na EuroCup. Ensino e Celta completan a representación galega na elite do baloncesto feminino. As lucenses, máis asentadas na categoría, soñan en grande, pero igual ca as viguesas, que sufriron para manterse o ano pasado, prefiren centrarse no día a día.