Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detida na Coruña unha muller acusada de 15 delitos de estafa

Detida na Coruña unha muller acusada de 15 delitos de estafa

Facíase pasar por unha traballadora bancaria para obter acceso ás contas das vítimas

Foto de aquivo (Policía Nacional) Foto de aquivo (Policía Nacional)
G24.gal 10/01/2025 10:51

A Policía Nacional detivo na Coruña unha muller acusada de 15 delitos de estafa, que actuaba facéndose pasar por unha traballadora bancaria para obter acceso ás contas das vítimas e facer retiradas de cartos.

Segundo informacións da policía, a muller empregaba unha técnica chamada spoofing, que consiste en realizar chamadas con números reais existentes e, neste caso, os das entidades bancarias e aí comezaba o engano, xa que facía que os denunciantes se confiasen e cresen que a chamada a realizaba un empregado do seu banco.

Os estafadores informaban de supostos movementos anómalos na conta corrente, esixíndolles, para poder emendalos, diferentes códigos que recibirían nos seus móbiles vía sms, que eran posteriormente empregados para realizar operacións de extracción de efectivo sen tarxeta en diferentes caixeiros automáticos da cidade herculina.

Así, o 8 de xaneiro, compoñentes do Grupo de Investigación Tecnolóxica da Coruña, procederon á detención desta muller como presunta autora dun total de 15 delitos de estafa, cometidos entre o 2 de agosto e o 2 de decembro de 2024, con vítimas que se atopaban distribuídas por toda a xeografía española.

A detida pasou xa a disposición xudicial e non se descartan posteriores actuacións policiais, dado que a operación continúa aberta e proseguen os labores de investigación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade