Publicador de contidos
Publicador de contidos

En liberdade os donos dunha axencia de viaxes da Coruña acusados de estafa

En liberdade os donos dunha axencia de viaxes da Coruña acusados de estafa

Deberán comparecer en dependencias xudiciais cada 15 días

Os clientes, a maioría migrantes, compraron os billetes de avión para ir aos seus países de orixe no Nadal, pero estes nunca se emitiron

G24.gal 07/01/2025 18:26 Última actualización 07/01/2025 18:55

 

O Xulgado de Instrución número 6 da Coruña acordou a posta en liberdade dos propietarios dunha axencia de viaxes da Coruña acusados de estafa.

Retirouselles o pasaporte e deberán comparecer en dependencias xudiciais cada 15 días, segundo informou este martes o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

A detención do dono da axencia de viaxes e da súa parella, titular do CIF do negocio, tivo lugar a mediados de decembro, cando a Policía contabilizou un cento de denuncias por calote.

Os clientes, a maioría migrantes, compraron os billetes de avión para ir aos seus países de orixe en Nadal, e estes nunca se emitiron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade