Viaxar en fin de ano é unha tendencia que gaña terreo entre os galegos
Viaxar en fin de ano é unha tendencia que gaña terreo entre os galegos
O sol e a neve compiten como destinos máis soliciatados entre os que decidiron recibir o 2025 lonxe da casa.
Os paquetes vacacionais de Nadal son un dez por cento máis caros este ano.
As axencias de viaxes constatan un cambio de tendencia no Nadal que se consolida como temporada alta para o turismo.
"Desde hai uns anos estase vendendo máis no Nadal. Aquel tópico do Nadal na casa e que os os galegos non somos de saír nestas datas, vai mudando. Móvense familias enteiras".
"Os galegos preferimos destinos de sol, polo tanto as Illas Canarias, Madeira, Cabo Verde, incluso o Caribe. Tamén cidades Europeas e por suposto turismo de neve ", di Juan Ribadulla, presidente da Asociación de Axencias de Viaxe de Galicia.
E iso a pesar de que os prezos subiron por riba do dez por cento, nalgúns dos destinos máis solicitados. Despedir este 2024 nas Illas Canarias ou nunha capital europea será máis caro que o ano pasado.
"Entre un dez e un quince por cento en xeral do paquete, do que é o avión, hotel....Estámonos movendo entre 1.000 e 1.500 euros por persoa nestas datas" , conta Ribadulla.
As axencias de viaxes galegas encaran o 2025 con optimismo, despois dun crecemento do volume de negocio este ano, que estiman superior ao cinco por cento.