Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña sorprende toda a ACB coa fichaxe de Thomas Heurtel

O Leyma Coruña sorprende toda a ACB coa fichaxe de Thomas Heurtel

O escolta de 35 anos pasou polo Baskonia, Barcelona e Real Madrid e ten no seu palmarés 2 Ligas ACB e 3 Copas do Rei nas que foi o MVP en dúas delas

G24.gal 10/01/2025 18:32

Thomas Heurtel (35 anos) é a sorpresa que tiña preparada o Leyma Coruña para reforzar o equipo. Estamos a falar dun xogador que ten no seu palmarés 2 Ligas ACB, 3 Copas do Rei, unha Copa turca e que foi MVP da Copa en España en dúas edicións (2018 e 2019). Acostumado a xogar nos equipos máis potentes de Europa (Baskonia, Efes, Barcelona, Real Madrid, Zenit, Villeurvane) e que estaba practicamente asinado polo Barcelona ata hai unhas semanas cando se desestimou no último momento a súa fichaxe.

Na súa carreira de ACB xogou 284 partidos nos que promedia 20 minutos, 8,9 puntos e 4,3 asistencias. Malia xogar en Baskonia, Real Madrid e Barcelona tamén estivo, na campaña 2010-11 noutro equipo que pelexaba pola permanencia como era Alacante, unha sensación similar á que vivirá a partir de agora no Coliseum sendo un dos líderes do Leyma, pechacancelas do campionato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos